Winning entries could not be determined in this language pair.There were 3 entries submitted in this pair during the submission phase. Not enough votes were submitted by peers for a winning entry to be determined.Competition in this pair is now closed. |
O meu amigo non encontrou o que buscaba, e segundo eu cheguei a presumir, consistiu en que non buscaba nada, que é precisamente o mesmo que lles acontece a outros moitos. Algunhas nais, si, buscaban as súas fillas, e algúns maridos as súas mulleres, mais nin unha soa filla buscaba a súa nai, nin unha soa muller o seu marido. Se callar—dicían,—ficaron durmidas entre a confusión nalgunha peza... É posíbel—dicía eu para min,—mais non é probábel. Unha máscara veu disparada cara a min. —Es ti?—preguntoume misteriosamente. —Son—respondinlle seguro de non mentir. —Coñecín o dominó; mais esta noite é imposíbel; a Paquita está aí; mais o marido se emperrou en vir; non sabemos por onde demos encontrou billetes. Que mágoa tan grande! Mira ti que ocasión! Vímoste, e ao non se atrever a falarche ela mesma, envíame para dicirche que mañá sen falta vos veredes na Tixola... Dominó encarnado e lazos brancos... —Ben. —¿Estás? —Non faltarei. —E a túa muller, home?—dicíalle a un ente rarísimo que se vestiu todo de corniños de abundancia, un dominó negro que levaba outro igual do brazo. —Durmindo estará agora; por máis que levo tentado, non puiden convencela de vir; non hai outra máis inimiga de diversións. —Así descansas ti na súa virtude; pensas estar aquí toda a noite? —Non, até as catro. —Fas ben. Nisto se afastara o dos corniños, e entreouvín estas palabras: —Nada sospeitou. —Como era posíbel? Se saín unha hora despois del... —Ás catro dixo? —Dixo, dixo. —Temos tempo. Estás segura da criada? —Non hai coidado algún, porque... Unha ondada cortou o fío da miña curiosidade; as demais palabras do diálogo confundíronse coas repetidas voces de: coñécesme? Coñézote, etcétera, etc. Pois non semella estrela miña que trouxo esta noite un dominó igual co de todos os amantes, máis feliz, por certo, que Quevedo, que semellaba de noite a cantos esperaban para lles zoscar? —Chis! chis! Por fin te atopei—díxome outra máscara esvelta, asíndome do brazo, e coa súa voz tenra e axitada pola esperanza satisfeita. Hai moito que me buscabas? —Non por certo, porque non te esperaba encontrar. | Entry #16684 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|
O meu amigo non atopou o que procuraba e, segundo eu cheguei a presumir, consistiu en que non procuraba nada, que é precisamente o mesmo que a outros moitos lles acontece. Algunhas nais, si, procuraban as súas fillas, e algúns maridos as súas mulleres, pero nin unha soa filla procuraba a súa nai, nin unha soa muller ao seu marido. Se cadra -dicían- quedaron durmidas entre a confusión nalgunha peza... É posíbel -dicía eu para min-, mais non probábel. Unha máscara veu disparada cara a min. -Es ti? -preguntoume misteriosamente. -Son –respondinlle, seguro de non mentir. -Coñecín o dominó; pero esta noite é imposíbel. Paquita está aí, mais o home empeñouse en vir; non sabemos por onde diaño atopou billetes. Mágoa! Mira ti que ocasión! Vímoste, e ao non se atrever a falarche ela mesma, mándame para dicirche que mañá sen falta vos veredes na Tixola... Dominó encarnado e lazos brancos... -Ben. -Entendido? -Non faltarei. -E a túa muller, home? -dicíalle a un ente raro que se vestira todo de corniños da abundancia, un dominó negro que levaba outro igual do brazo. -Durmindo che estará agora; por máis que fixen, non puiden decidila a vir; non hai outra máis inimiga da troula. -Así descansas ti na súa virtude; pensas estar aquí toda a noite? -Non, ata as catro. -Fas ben. Nisto, afastouse o dos corniños, e entreoín estas palabras: -Nada sospeitou. -Como é posible? Se saín unha hora despois ca el... -Ás catro dixo? -Si. -Temos tempo. Estás certa da criada? -Non hai problema, porque... Unha ondada cortou o fío da miña curiosidade; as demais palabras do diálogo confundíronse coas repetidas voces de “coñécesme?” “coñézote”, etcétera, etc. Pois non semellaba estrela miña traer esta noite un dominó igual ao de todos os amantes, máis feliz, por certo, ca Quevedo, que se parecía de noite a cantos agardaban para zoscarlle? -Chis!, chis! Por fin te atopei -díxome outra máscara esvelta, asíndome do brazo, e coa súa voz tenra e axitada pola esperanza satisfeita. Hai moito que me procurabas? -Non. Por certo, porque non esperaba atoparte. | Entry #21637 — Discuss 0 — Variant: Not specified Laura Blanco (X) Spain
|
O meu amigo non atopa o que quería, e como eu teño que me gabar, foi a de que non está buscando, o que é precisamente o que pasa con eles moitos outros. Algunhas nais, si, buscando as súas fillas, os seus maridos e algunhas mulleres, pero non unha nai solteira á procura da súa filla, e non unha única muller para o home. Quizais, eles dixeron,-que xa dormen en medio a confusión partes ... É posible que eu estaba dicindo para min, pero non é probable. Un tiro máscara veu na miña dirección. - Está misteriosamente me preguntas?. -Son-Eu respondinlle de non mentir. Domino-met; pero esta noite é imposible; Paquita está aí; pero o home está determinado a vir; non sei onde as notas inferno atopado. Que pena! Mira para o que a ocasión! Vimos, e non atreverse a falar para si mesma, enviou-me a dicir-lle que de mañá sen falta vexo na pota ... eu encarnar Domino e cintas brancas ... -Todo correcto. - E ti? -Eu sinto a súa falta. - E a súa esposa, o home dixo a unha entidade rara que estaba vestido todo de pequenos cornos da abundancia, usando un dominó negro só un brazo-le?. -Durmir é agora; aínda que eu fixen, eu non podería ser decidido por vir; non hai outro inimigo de atraccións. -Entón, descansa en virtude; Vai estar aquí de madrugada? -Non, ata catro. -Está ben. Niso, estaba fóra de cornos e entreoí estas palabras: 'Nada foi sospeita. - ¿Como se pode? Se eu deixase unha hora despois de que el ... - Ás catro que di? -Si. -Temos tempo. Seguro que a empregada? -Non hai coidado, porque ... Unha onda de cortar o fío da miña curiosidade; Ou sexa mesturado diálogo voces repetidas: vostede me coñece? Sei, etc, etc. Por que, non parecía ter traído a miña estrela esta noite un dominó igual a todos os amantes, máis feliz, claro, que Quevedo, que mirou por unhas horas esperando para acadar-los? - Chis! Chis! Eu finalmente atopei ti, eu dixen outra máscara delicado, me agarrando polo brazo, ea súa proposta de voz e axitado espero satisfeito. Hai canto tempo me quixo? -Nin por iso, porque eles esperan atopar. | Entry #17488 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|