Mi amigo no encontró lo que buscaba, y según yo llegué a presumir, consistió en que no buscaba nada, que es precisamente lo mismo que a otros muchos les acontece. Algunas madres, sí, buscaban a sus hijas, y algunos maridos a sus mujeres, pero ni una sola hija buscaba a su madre, ni una sola mujer a su marido. Acaso—decían,—se habrán quedado dormidas entre la confusión en alguna pieza... Es posible—decía yo para mí,—pero no es probable.
Una máscara vino disparada hacia mí.
—¿Eres tú?—me preguntó misteriosamente.
—Yo soy—le respondí seguro de no mentir.
—Conocí el dominó; pero esta noche es imposible; Paquita está ahí; mas el marido se ha empeñado en venir; no sabemos por dónde diantres ha encontrado billetes. ¡Lástima grande! ¡mira tú qué ocasión! Te hemos visto, y no atreviéndose a hablarte ella misma, me envía para decirte que mañana sin falta os veréis en la Sartén... Dominó encarnado y lazos blancos...
—Bien.
—¿Estás?
—No faltaré.
—¿Y tu mujer, hombre?—le decía a un ente rarísimo que se había vestido todo de cuernecitos de abundancia, un dominó negro que llevaba otro igual del brazo.
—Durmiendo estará ahora; por más que he hecho, no he podido decidirla a que venga; no hay otra más enemiga de diversiones.
—Así descansas tú en su virtud; ¿piensas estar aquí toda la noche?
—No, hasta las cuatro.
—Haces bien.
En esto se había alejado el de los cuernecillos, y entreoí estas palabras:
—Nada ha sospechado.
—¿Cómo era posible? Si salí una hora después que él...
—¿A las cuatro ha dicho?
—Sí.
—Tenemos tiempo. ¿Estás segura de la criada?
—No hay cuidado alguno, porque...
Una oleada cortó el hilo de mi curiosidad; las demás palabras del diálogo se confundieron con las repetidas voces de: ¿me conoces? te conozco, etcétera, etc.
¿Pues no parecía estrella mía haber traído esta noche un dominó igual al de todos los amantes, más feliz, por cierto, que Quevedo, que se parecía de noche a cuantos esperaban para pegarles?
—¡Chis! ¡chis! Por fin te encontré—me dijo otra máscara esbelta, asiéndome del brazo, y con su voz tierna y agitada por la esperanza satisfecha. ¿Hace mucho que me buscabas?
—No por cierto, porque no esperaba encontrarte. | O meu amigo non encontrou o que buscaba, e segundo eu cheguei a presumir, consistiu en que non buscaba nada, que é precisamente o mesmo que lles acontece a outros moitos. Algunhas nais, si, buscaban as súas fillas, e algúns maridos as súas mulleres, mais nin unha soa filla buscaba a súa nai, nin unha soa muller o seu marido. Se callar—dicían,—ficaron durmidas entre a confusión nalgunha peza... É posíbel—dicía eu para min,—mais non é probábel. Unha máscara veu disparada cara a min. —Es ti?—preguntoume misteriosamente. —Son—respondinlle seguro de non mentir. —Coñecín o dominó; mais esta noite é imposíbel; a Paquita está aí; mais o marido se emperrou en vir; non sabemos por onde demos encontrou billetes. Que mágoa tan grande! Mira ti que ocasión! Vímoste, e ao non se atrever a falarche ela mesma, envíame para dicirche que mañá sen falta vos veredes na Tixola... Dominó encarnado e lazos brancos... —Ben. —¿Estás? —Non faltarei. —E a túa muller, home?—dicíalle a un ente rarísimo que se vestiu todo de corniños de abundancia, un dominó negro que levaba outro igual do brazo. —Durmindo estará agora; por máis que levo tentado, non puiden convencela de vir; non hai outra máis inimiga de diversións. —Así descansas ti na súa virtude; pensas estar aquí toda a noite? —Non, até as catro. —Fas ben. Nisto se afastara o dos corniños, e entreouvín estas palabras: —Nada sospeitou. —Como era posíbel? Se saín unha hora despois del... —Ás catro dixo? —Dixo, dixo. —Temos tempo. Estás segura da criada? —Non hai coidado algún, porque... Unha ondada cortou o fío da miña curiosidade; as demais palabras do diálogo confundíronse coas repetidas voces de: coñécesme? Coñézote, etcétera, etc. Pois non semella estrela miña que trouxo esta noite un dominó igual co de todos os amantes, máis feliz, por certo, que Quevedo, que semellaba de noite a cantos esperaban para lles zoscar? —Chis! chis! Por fin te atopei—díxome outra máscara esvelta, asíndome do brazo, e coa súa voz tenra e axitada pola esperanza satisfeita. Hai moito que me buscabas? —Non por certo, porque non te esperaba encontrar. |